O regreso de Haley Joel Osment

0
228

Haley Joel Osment, o neno de O Sexto Sentido e de Intelixéncia Artificial, agora xa medradiño, será o protagonista da adaptación ao cinema do cómic Wake the Dead para a Slasher Films.

Osment interpretará a Victor Franklin, un estudante universitário que está a experimentar coa ideia de reverter a morte nesta recreación contemporánea do clásico de Mary Shelley Frankenstein.

Jay Russell será o director deste filme de terror baseado nas novelas gráficas de Steven Niles. Russell e Jim Hart adaptaron o guión mentres que Slash, o antigo guitarrista do grupo de rock Guns’n’Roses, será o produtor xunto a Michael Williams e .

O filme é un mais de entre média dúcia de proxectos baseados na figura do monstro de Frankenstein actualmente en desenvolvemento por vários estudos.