A Metamorfose de Kafka

0
292

Nick Searcy (Justified, Moneyball) ven de se unir ao reparto do thriller independente Metamorphosis que desenvolverá a Isotropic Films.

Inspirado polo clásico literário de Franz Kafka A Metamorfose, a história vai sobre un rapaz de 17 anos que un día esperta inexplicabelmente convertido nunha monstrosa e xigantesca cascuda humán.

Os seus pais chegan a casa e descobren-o asustado e agochándo-se pola súa nova forma, e deberán facer fronte á decisión de aceptar a un monstro na súa casa das afóras ou matar ao seu própio fillo.

A rodaxe escomezará en Los Angeles a finais do mes de xullo baixo a dirección de David Yohe e a partir dun guión escrito por el mesmo xunto a Jason Goldberg. Goldberg, Jeff Laub, Nicole Castro e Wade Miller serán os produtores.