Beasts of Burden chegará ao cinema

0
131

O guionista de Jack the Giant Killer, Darren Lemke, será o encargado de adaptar ao cinema nunha película de debuxos animados o cómic orixinal da Dark Horse Beasts of Burden. A história vai sobre un grupo de cans e mais un gato que se axuntan para protexeren aos seus donos dos misteriosos fenómenos sobrenaturais que están a acontecer na súa vila de Burden Hill. Andrew Adamson, Aron Warner e Mike Richardson serán os produtores.