Johnny Depp tamén gaña ao demo

811

A Warner Bros. Pictures está a desenvolver unha adaptación ao cinema da novela de Glen David Gold Carter Beats the Devil, publicada en 2002.

O argumento do libro transcurre nos anos 20 do século pasado e é un mistério histórico ao redor dun mago chamado Charles Carter que utiliza ao Presidente americano daquela, Warren G. Harding, no clásico truco de curtar pola metade cun serrucho, pero resulta que Harding morre misteriosamente pouco despois. O filme misturará outras figuras históricas e a rivalidade de Carter cun inimigo mortal.

Tom Cruise tentara previamente facer unha versión desta novela cando apareceu publicada, pero o seu proxecto non saiu adiante. A nova versión do guión ven de se entregar hai uns días e os produtores pretenden contar con Johnny Depp para que interprete ao mago Carter.