Remake de Rocky Horror Picture Show

336

The Rocky Horror Picture ShowA MTV fará un remake do vello filme de culto de 1975 The Rocky Horror Picture Show.

Lou Adler, produtor executivo do filme orixinal, asociará-se coa BermanBraun e mais os estudos de televisón da Fox nesta nova versión dun filme clásico que misturaba a comédia co musical e a ciéncia-ficción.

O remake de dúas horas utilizará o guión orixinal de Jim Sharman e Richard O’Brien, pero tamén podería incluir música nova non incorporada no filme orixinal.

Ainda están por se anunciar o director e máis os actores do reparto.

Asemade non hai tampouco un lugar nas axendas para o comezo da produción, ainda que os parceiros neste proxecto queren apurar os prazos o máximo posíbel.

O filme orixinal estaba protagonizado por Tim Curry, Susan Sarandon, Barry Bostwick e Meat Loaf, e acadou nada menos ca 140 millóns de dólares nas billeteiras dos Estados Unidos ainda que repartidos ao longo dos anos, xa que o filme ficou nas carteleiras durante as últimas tres décadas.