O Corazón das Tebras no espazo

0
261

Peter Cornwell (The Haunting in Connecticut) ven de ser contratado para que dirixa Into Darkness, unha adaptación con ciéncia-ficción da clásica novela de Joseph Conrad Heart of Darkness (No corazón das tebras) para a Radar Pictures.

A novela orixinal de 1902 explorou o lado escuro da colonización europea do África e estaba protagonizada por un inglés que traballaba de capitán dun ferri no Congo, e alí recibe o encargo de navegar río arriba no corazón da xungla para atopar e traer de volta a Kurtz, un malvado traficante de marfil.

A versión mais famosa desta obra é a adaptación que fixo Francis Ford Coppola en 1979 no seu lendário filme épico ambientado na guerra do Vietnam Apocalypse Now. Neste caso, a história será convertida nunha aventura ambientada no espazo.

Tony Giglio e Branden Morgan escribiron o guión e Ted Field e Mike Weber serán os produtores.