O rei dos elfos terá outra oportunidade

0
158

O guionista de Horrible Bosses, Michael Markowitz, foi contratado para escribir unha nova versión do guión de King of the Elves para a Walt Disney Animation Studios.

A obra é unha adaptación dun conto orixinal de Philip K. Dick que vai sobre unha banda de elfos e mais un anano que viven no delta do Mississippi e que deciden nomear a un humano coma o seu rei após de que este os salve dun malvado troll.

O co-director de Bolt, Chris Williams, será o encargado de realizar este proxecto, que nun princípio estaba destinado a ser un filme de alto orzamento para o ano que ven, até que a Disney absorbeu á Pixar e enviou o proxecto de volta ao caixón de desenvolvemento para reimaxinar unha vez mais a história.

King of the Elves ten agora data de estrea fixada para finais de 2013, xusto despois de que tamén apareza no cinema o filme Monsters University, durante os meses de verán. John Lasseter e Chuck Williams serán os produtores.