Emmerich prepára-se para a Singularidade

0
187

A Sony Pictures semella decidida a contratar ao responsábel de filmes coma Independence Day e The Day After Tomorrow, o alemán Roland Emmerich, para que desenvolva un proxecto que seica levará por título Singularity. Ainda que non hai moitos datos sobre o seu argumento, sábe-se que ten algo que ver cun burato negro, e que a singularidade é un punto no que o espazo-tempo se colapsa e a gravidade é infinita.

Emmerich escribiu un primeiro esbozo de guión e está vencellado a este proxecto, que será un filme épico de alto orzamento e moitos efectos especiais. Polo de agora o director debe elixir cal será o seu seguinte filme, xa que a magnitude este é demasiado grande coma para escomezar de seguido.

O acordo coa Sony soa moi semellante ao de 2012, o filme sobre o fin do mundo que custou 200 millóns de dólares e que recadou 750 millóns en todo o mundo en 2009.