A secuela de Thor lanzará-se en 2013

0
173

A Marvel Studios ven de asumir un compromiso de realizar a segunda parte de Thor e mesmo xa deu como data de estrea o verán de 2013.

Agora que Iron Man 3 recebiu a data oficial do 3 de maio de 2013 para se estrear, Thor 2 deberá competir contra outro superheroe que chegará ás salas de cinema tan só na derradeira fin de semana do mesmo mes, a do 26 de xullo de 2013.

O que si está claro é que ainda que Chris Hemsworth repetirá o seu papel coma o deus do tróno, o director Kenneth Branagh non regresará. A súa marcha da série foi descrita coma “de mútuo acordo e amigábel”, de feito o mesmo Branagh manifestou-se extremadamente contento tanto do trato recebido polos estudos coma do comportamento do filme nos despachos de billetes.

Thor contou cun orzamento de 150 millóns de dólares e recebiu en xeral boas críticas, o que lle fixo chegar até agora aos 437 millóns de recadación en todo o mundo, e iso cando ainda hai algúns países onde ainda non se estreou.