O conde Montecristo en ciéncia-ficción

0
143

Primeiro foron as novas sobre O corazón das tebras, e agora é a Warner Bros. Pictures quen ven de se facer cos dereitos sobre un guión orixinal de Ian Shorr, que describiron coma unha nova versión en clave futurista do clásico de Alexandre Dumas O Conde de Montecristo.

A novela orixinal de 1844 vai sobre un home que é inxustamente encarcerado. Após moitos anos, consegue fuxir e transofrmar-se no misterioso conde de Montecristo, unha posición que utilizará para destruír sistemáticamente a todos aqueles que o manipularon e o escravizaron.

Kevin McCormick (Arthur, Gangster Squad) producirá o filme, que entra xa nunha etapa de desenvolvemento rápido e xa está á procura de candidatos para a cadeira de director. A última vez que esta novela foi adaptada ao cinema fora no filme de 2002 da Spyglass, protagonizado por Jim Caviezel, Guy Pearce, Richard Harris e un daquela ainda novo Henry Cavill.