Os “Angry Birds” voan ao cinema

0
162

O ex-presidente da Marvel Studios David Maisel ven de ser contratado como conselleiro especial da Rovio, a empresa responsábel do inmensamente popular videoxogo Angry Birds.

Maisel foi unha peza chave na fundación e posta en marcha da Marvel Studios e da venda da compañía á Disney. Esta contratación contémpla-se agora coma un importante paso non só para a adaptación ao cinema de Angry Birds, senón en converter á compañía nunha produtora de debuxos animados importante.

Maisel xa escomezou a conversar con guionistas e directores que se poidan encargar dunha longametraxe baseada en Angry Birds, e el mesmo será o produtor executivo no filme ou filmes: “Houbo ultimamente moita fiada sobre unha película de Angry Birds, pero agora vai en sério. O proceso xa escomezou“, dixo.

O videoxogo en si mesmo é un puzzle no que os xogadores deben usar unha atiradeira para axudar a unha bandada de paxaros animados a destruír a un grupo de malvados porcos que roubaron os seus óvos. Dende o seu lanzamento a finais de 2009 o xogo foi descargado mais de 250 millóns de veces.