Keith Gordon dirixirá un thriller con Nolan

0
195

O relembrado actor protagonista de Christine Keith Gordon será o encargado de adaptar e dirixir un thriller con temática sobrenatural e ainda sen título para a Warner Bros. Pictures e mais a Syncopy. Polo de agora só se sabe que a história está baseada nunha novela, cuxo título non foi revelado.

Gordon ven de traballar intensamente con Christopher Nolan nos últimos tempos, sendo o seu axudante en Batman Begins, o produtor asociado en The Dark Knight e The Prestige, e co-produtor en The Dark Knight Rises, un filme que ainda está a se rodar.

Jordan Goldberg será o produtor, mentres que Nolan encargará-se da produción executiva xunto a Emma Thomas.