O produtor Joe Roth (Alice in Wonderland) ven de revelar que os seus plans pasan agora por converter a vindeira longametraxe da Universal Snow White and the Huntsman nunha posíbel triloxía: “Sinifica que sería o primeiro nunha série de filmes. Esta história rematará, pero haberá cuestións pendentes para os tres persoaxes“, dixo nunha recente entrevista.
Neste filme, Branca Neves “comeza sendo non unha damisela en perigo, senón inocente, e após de 11 anos de encerro pola Raíña Malvada, escapa e aprende como ser unha guerreira no bosque“.
Roth engadiu que “reteremos a história básica no mesmo xeito que retivemos a história básica de Alícia, unha rpaza destinada a ser a raíña e que é expulsada. O cazador é un mercenário, no sentido de que é un tipo moi ben preparado no bosque, mais ca ningún outro. O seu traballo é capturar rapazas fuxidas, que están a escapar do reino por mor da Raíña. É un cazarrecompensas ao princípio… non é un tipo agradábel, senón alguén que perdeu a esperanza e perdeu a fe. Perdeu á súa muller, e abandonou-no todo“.