Adam Sandler visitará o Hotel Transilvánia

0
199

O actor Adam Sandler será o encargado de lle poñer a voz ao Conde Drácula, que é o persoaxe principal da vindeira comédia de debuxos animados en 3D Hotel Transylvania na Sony Pictures Animation.

A história vai sobre un grupo de monstros clásicos, Frankenstein, a Múmia, Drácula ou o Lobishome, que se agochan nun hotel ás afóras de Transilvánia agora que a tecnoloxía do século XXI os converteu en perosaxes irrelevantes e temerosos da realidade exterior.

Kevin James e Andy Samberg tamén se uniron ao reparto, pero os seus papéis ainda están por determinar.

O director de Samurai Jack, Genndy Tartakovsky, será o director deste filme, que producirá Michelle Murdocca (Open Season).