Como derrotar ao teu própio clon

0
188

A Dimension Films ven de adquirir os dereitos sobre a popular guía cómica futurista How to Defeat Your Own Clone: And Other Tips for Surviving the Biotech Revolution, orixinal de Kyle Kurpinski e Terry D. Johnson.

No ano 2013 creou-se o primeiro ser humán clónico e no decurso dos anos posteriores os clons pasaron a estar en todos os fogares, onde os seus creadores os trataban coma a escravos. Após dunha revolución, escomezou unha guerra civil entre a Humanidade e os Clons que loitaban pola súa liberdade.

Os clons gañaron e no novo mundo dominado por eles seguiremos as aventuras de Ethan, quen contra toda esperanza tentará volver as cousas a favor dos humáns. Os clons teñen a misma pegada xenética cós seres humáns, pero son mais novos, mais fortes, mais saudábeis e mais evolucionados. Está a Humanidade preparada para bater aos seus própios clons?

Ed Ricourt (Now You See Me), que escribiu un primeiro esbozo do guión, será o encargado de adaptar a novela ao cinema. Polo de agora non hai directores vencellados a este proxecto, que de todos os xeitos está nas súas primeiras fases. Ellen Goldsmith-Vein e Eric Robinson serán os produtores.