Johnny Depp está próximo a pechar un acordo para asinar para unha quinta entrega da saga dos Piratas do Caribe, xusto cando o filme ven de superar os mil millóns de dólares de recadación en todo o mundo.
Xa no mes de maio revelou-se que había un guión en marcha e que o produtor Jerry Bruckheimer non tiña intencións de seguir adiante se non contaba con Depp. Daquela Depp dixera que gostaría de interpretar ao capitán Jack Sparrow, pero que precisaba algo mais de tempo para se tomar un descanso do persoaxe.
Polo de agora, e mália que nos Estados Unidos o filme está a baixar bastante no despacho de billetes, Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides é xa a segunda película con maior recadación do ano, tan só por atrás de The Hangover Part II.
Aos mais de 200 millóns que leva en América hai que lle sumar os 775 millóns no resto do mundo, onde é o filme que mais cartos leva gañados en 2011, moi por riba de Fast Five (389 millóns). Agárda-se que dentro dunhas poucas semanas sobrepase á segunda entrega da saga, polo de agora a que continúa a ter o récord de recadación con 1.066 millóns de dólares.