Jason Statham para Transformers 4?

0
169

Agora que o director Michael Bay e mais o protagonista Shia LaBeouf deixan a série após de tres entregas, a franquía de Transformers tomará unha dirección totalmente distinta con vistas a unha posíbel cuarta entrega, para a que a Paramount Pictures está xaa mover ficha.

A dirección concreta que tomará é ainda obxecto de debate, se ben existe xa un informe prévio (puramente especulativo) segundo o cal Jason Statham podería ser o seu protagonista. Hai que relembrar que a estrela da etrceira entrega, Rosie Huntington-Whiteley, é a moza de Statham na vida real e habería moitas posibilidades de que ela regresa-se para unha cuarta entrega se o seu namorado está tamén vencellado ao filme.

Unha fonte da produtora dixo que “está claro que a franquía ainda ten un enorme potencial, pero cun novo protagonista capaz de levar Transformers nunha nova dirección mais escura. Jason podería ser o home que fixera iso e a súa relación con Rosie sería un benefício extra ao márketing do filme“.