Os deuses gregos perdidos en New York

0
166

A vindeira comédia da Big Beach Gods Behaving Badly contará cun reparto de actores de primeira liña para dar vida aos deuses gregos que viven ateigados nun piso no centro de New York: Christopher Walken coma Zeus, John Turturro será Hades, Sharon Stone é Afrodita, Oliver Platt é Apolo, Edie Falco é Artemisa, Phylicia Rashad é Demeter, Nelsan Ellis é Dionísio, Gideon Glick é Eros, Henry Zebrowski coma Hermes e Rosie Perez coma Perséfona. A história, baseada na novela de Marie Phillips, está protagonizada por Alicia Silverstone e Ebon Moss-Bachrach e dirixida por Marc Turtletaub.