Atlas aínda non se rende

0
153

Hai un pouco mais dun ano que o empresário John Aglialoro decediu-se a financiar unha triloxía de filmes baseados no clásico da ciéncia-ficción de Ayn Rand Atlas Shrugged. A adaptación, cun orzamento mais ben escaso, non convenceu aos adeptos da seita do obxectivismo aos que ía dirixido o filme en princípio, e moito menos á crítica, que non tivo piedade e afundiu-na coma unha das piores obras do ano. E iso por non falar dos espectadores, que basicamente ignoraron o filme.

Aglialoro culpou á crítica pola decepcionante recadación no despacho de billetes e após de dubidar durante un tempo, ven de anunciar que financiará a segunda parte. O produtor Harmon Kaslow dixo nunha entrevista que ainda teñen esperanzas de facer algo mais de caixa coa recadación nos videoclubes, onde a 20th Century Fox ofreceu-se a distribuí-la.

Loxicamente o acordo coa Fox non lle sairá de balde aos produtores, e o acordo implica que os famosos estudos farán-se cos dereitos do primeiro filme en DVD, Blu-ray e Internet. Todos os posíbeis benefícios irán a parar á Fox, pero Aglialoro  ten a esperanza de que a distribución do primeiro filme axude á recadación do segundo, todo no médio dun novo ciclo de reelección presidencial nos Estados Unidos, e coa ideia básica de axudar á derrota de Obama.