Kilmer e Rhames irán “Sete Abaixo”

0
130

Os actores Val Kilmer, Ving Rhames, Luke Goss e Rebecca De Costa serán os protagonistas do thriller independente Seven Below (Sete por baixo) que producirá a EFish Entertainment.

A história vai sobre un grupo de extraños atrapados nunha casa onde o tempo creou un bucle e onde xusto un século antes aconteceu un terríbel crime no seu interior.

Kevin Carraway dirixirá a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Lawrence Smith. Eric Mark Fisher, Brianna Lee Johnson e Warren Ostergard serán os produtores.

A rodaxe escomezará en Cincinnati, Ohio, o mes que ven.