A Warner Bros. fai-se co Amor Imperecedeiro

0
155

A Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a minisérie de cómic Undying Love da editorial Image Comics.

A série, orixinal de Tomm Coker e Daniel Freedman, funde o tradicional conto de vampiros, os mitos sober monstros chineses e algúns elementos típicos dos filmes de acción asiáticos. A parella será a encargada de adaptar a súa obra a un guión cinematográfico.

A história en si vai sobre un ex-soldado que se namora dunha rapaza que resulta ser unha vampira. O único xeito no que ambos poderán estar xuntos é se el consigue destruír ao vampiro que a creou a ela, o que sinifica loitar contra un exército de monstros, todo elo ambientado no inframundo de Hong Kong.

Stephen L’Heureux e mais a Benderspink serán os produtores.