Cando o seu protagonista Keanu Reeves e mais o director Albert Hughes abandoaron o proxecto en maio, non foron poucos os que consideraron que a nova versión da Warner Bros. con acción real do manga Akira estaba esencialmente morta.
E así foi de feito durante os seguintes dous meses, no decurso dos cales os estudos gardaron total silenzo sobre este remake do clásico manga de Katsuhiro Otomo. Pero este silenzo rachou-se a semana pasada, cando se soubo que a Warner está mais ca interesada en que o director español Jaume Collet-Serra (Orphan, Unknown) dirixa o filme, que xa se considera coma un dos grandes lanzamentos do ano, e que contará con 90 millóns de dólares de orzamento. Ambientada en New Manhattan no canto de Novo Tóquio, a história será ainda o relato das aventuras do líder dunha banda de moteiros que quere salvar ao seu amigo dun experimento médico.
Como os estudos pretenden facer unha versión de Akira cun orzamento tan baixo é o segredo que polo de agora só coñecen eles. O último guión dispoñíbel correu a cargo do autor de Harry Potter, Steve Kloves.
Leonardo DiCaprio, Jennifer Davisson Killoran e Andrew Lazar son os produtores.