David Goyer escribirá o relanzamento de Godzilla

0
204

David Goyer, o guionista de Batman Begins e Blade, ven de recibir o encargo de escribir o guión do relanzamento na Legendary Pictures da franquía de Godzilla.

Segundo se informara con anterioridade, a Legendary “tentará achegar-se ao filme a aos seus persoaxes do xeito mais auténtico posíbel“. Dan Lin, Roy Lee e Brian Roger serán os produtores.

A Toho Company, que posúe os dereitos sobre o monstroso persoaxe, seráa encargada de distribuir o filme no Xapón, mentres que a Warners fará-o a nivel internacional.