Evil Dead 4, esta vez en sério

0
214

Léva-se falando dunha cuarta entrega da série de Evil Dead dende alomenos uns quince anos, se cadra dende que saiu a que polo de agora é a última na franquía en 1992. Pois ben, seica por fin comeza a haber confirmación oficial de que esta cuarta parte será unha realidade.

Fontes internas desvelaron que se están a acelerar os preparativos para escomezar a rodaxe en Detroit co colaborador habitual de Sam Raimi, o editor Bob Murawski (Spiderman, The Hurt Locker) dirixíndo-se alí para encabezar o proxecto.

E ao mesmo tempo o actor protagonista da saga, Bruce Campbell, dixo no seu Twitter “Acreditade no remake, tíos! O proxecto é real. En marcha. Guai coma o inferno. Aterrador coma o inferno“.

Por outra banda, soubo-se que Fede Álvarez, o realizador responsábel da curta Panic Attack!, será o director do filme. Alvarez chegara xa a un acordo coa produtora de Sam Raimi, a Ghost House Pictures, en 2009.