A Disney Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema dous proxectos de alto orzamento da produtora de Johnny Depp, a Infinitum Nihil.
O que interesa aos fans é unha adaptación da clásica série de televisión dos anos 70 The Night Stalker. A série ía sobre Carl Kolchak (Darren McGavin), un xornalista que investigaba misteriosos crimes sempre vencellados a algo sobrenatural ou de ciéncia-ficción.
A série foi versionada novamente hai uns poucos anos con Stuart Townsend no papel de Kolchak, pero cancelou-se após de só uns poucos episódios. A série orixinal tivo unha influéncia moi salientábel no produtor Chris Carter e inspirou-no para crear o seu Expediente X.
Polo de agora a Disney está á procura de guionistas para o proxecto, que contará coa produción de Johnny Depp e mais de Christi Dembrowski.