Space Invaders chegan ao cinema

0
179

Space Invaders, o clásico videoxogo arcade dos anos 80 da Taito e mais a Midway, terá unha versión para o cinema.

Considerado coma o videoxogo mais popular de todos os tempos polo Libro Guinness dos Récords Mundiais, apareceu por primeira vez en 1978, xa coa súas clásicas e tantas veces imitadas ringleiras de naves espaciais alieníxenas disparando contra un xogador que en solitário debía defender-se após duns bloques que se ían desintegrando pouco a pouco.

Lorenzo di Bonaventura e mais a Odd Lot Entertainment serán os produtores após de se facer cos dereitos para o cinema. Nestes intres están á procura dun guionista que cree unha história.