Salma Hayek producirá unha versión de Terminator

0
263

Salma HayekA produtora Ventanazul da actriz mexicana Salma Hayek producirá a fita 178 Jack Johnson, comédia romántica dunha história tipo Terminator, segundo anunciou hoxe o seu realizador, o chileno Nicolás López, quen apuntou que Hayek ten xa o guión nas suas mans para lle dar o visto bó e que en breve poderá comezar a filmar.

A Salma e aos da sua produtora Ventanazul gustou-lles moito a ideia desta película e dixo ‘fagamos o guión e comecemos a produci-la’“, dixo o chileno no pólo turístico mexicano de Cancún.

Como que acaímonos ben e confiou no meu talento mália das estupideces que fago“, brincou o realizador coa prensa.

López desvelou que 178 Jack Johnson é unha história futurista na que unha rapaza debe matar a un persoaxe pero encontra que hai 178 persoas co mesmo nome, polo que decide asasinar a todos pero remata por se namorar do seu obxetivo.

É coma Terminator pero en comédia romántica, con grandes doses de ciéncia-ficción, fantasía e tamén é moi absurda sobre o amor; ímola filmar en Chile con actores internacionais, a maior cantidade de latinos que falen ben inglés“, apuntou López convidado especial do I Cancún International Film Festival.