Wolfman fai-se cun novo director

0
170

Louis Morneau (Bats, Joy Ride 2) foi contratado para dirixir Werewolf, o segundo relanzamento de The Wolfman pola Universal Pictures.

Os plans orixinais pasaban por facer unha secuela do filme protagonizado en 2009 por Benicio Del Toro, pero após da súa mala acollida, os estudos decediron tentar escomezar o partido unha vez mais e facer outro remake do filme orixinal, o clásico dirixido por George Waggner en 1941. Michael Tabb reescribiu o guión e a rodaxe deberá escomezar este outono.

O filme en todo caso irá directo ao mercado de venda e aluguer de disco e non chegará ás salas de cinema, o que explica a contratación de Morneau.