O Capitán Planeta de carne e óso

608

A Cartoon Network ven de asinar un contrato coa Angry Filmworks para desenvolver unha longametraxe con acción real baseada no heroe dos debuxos animados e defensor do médio ambiente, o Capitán Planeta.

A série orixinal ía sobre un grupo de rapaces que combinan os seus poderes especiais (os Planetários) para invocar ao capitán Planeta, o defensor do médio ambiente, para loitar contra os piores eco-viláns do mundo, dispostos a facer o que sexa contra a natureza. O programa estrou-se no outono de 1990 e durou seis tempadas.

Os produtores Don Murphy e Susan Montford dispoñen na actualidade de dereitos exclusivos para desenvolver e distribuír a propiedade e para dar a luz verde a unha posíbel produción.