O derrube da Torre Escura

0
155

A Torre Escura ven de se derrubar. A ambiciosa triloxía planeada pola Universal Pictures, que sería acompañada dunha série de televisión e que adaptaría a saga fantástica de Stephen King, xa nunca verá a luz.

O proxecto comezou a se vir abaixo xa no pasado mes de maio, cando os problemas co orzamento ameazaron sériamente a súa continuidade. A Imagine Entertainment e mais os tres principais produtores vencellados ao proxecto, Ron Howard, Brian Grazer e Akiva Goldsman, decediron tentar sacar adiante a ideia cunha substancial rebaixa das pretensións iniciais e escomezar a rodaxe mais adiante.

Para o pasado 15 de xullo debía haber unha decisión xa tomada, e agora ven de se confirmar que a devandita decisión foi simplemente non aceptar os riscos financeiros e asemade non se chagará rodar nin sequera o primeiro filme. Así pois, o proxecto está morto até que se atope a un produtor que queira investir nel, o cal pode acontecer axiña ou nunca.

O mesmo Howard xa abandoou este proxecto e confirmou que o seu seguinte traballo será no filme de carreiras de coches Rush, con Chris Hemsworth e Daniel Bruhl.