Neil Burger fará o filme de Uncharted

0
143

Hai un par de semanas soubo-se que o director de Limitless, Neil Burger, ía encargar-se da adaptación ao cinema do videoxogo Uncharted. E agora o mesmo Burger confirmou a nova de que os plans prévios do anterior director, David O. Russell, ficarán totalmente esquecidos.

Escomezaremos dende cero e regresaremos ao videoxogo… é realmente ún dos videoxogos mais cinemáticos, e ún que ten persoaxes realmente desenvolvidos. Así que, xa sabes, hai unha chea de cousas intensas e guais que, se serven para a história do filme, quero tiliza-las“, comentou Burger.

O director é obviamente un fan do persoaxe de Nathan Drake, pero non quixo confirmar se o actor favorito dos fans para interpreta-lo na pantalla, Nathan Fillion (Castle, Firefly) é o mais axeitado: “Coido que é un bó actor, pero coido que hai unha chea de bós actores que nin sequera se asemellan a Nathan Drake e que pdoerían interpreta-lo. Agora mesmo estamos literalmente escomezando de cero co guión, e coido que unha vez rematado, iremos aos actores e veremos quen está dispoñíbel e quen vai ben para cada papel. Cando queira que iso aconteza“.