Ninguén escapará de New York

667

Ainda que catro das primeiras películas de John Carpenter xa acadaron un remake de seu, o quinto proxecto en marcha seica non vai poder sair adiante, porque a New Line e mais a Warner Bros. Pictures veñen de permitir que venza o prazo para executar os seus dereitos para faceren unha nova versión do filme de 1981 Escape from New York.

Kurt Russell fora daquela o protagonista, no papel de Snake Plissken, un antiheroe cun parche no ollo ambientado nuns Estados Unidos totalitários, e no que a illa de Manhattan fora convertida nunha prisión xigante de máxima seguridade. A súa misión era entrar na illa para ceibar ao Presidente, que estaba alí secuestrado.

A New Line e mais o produtor Neal Moritz estiveran a traballar neste remake os últimos anos e os nomes de Gerard Butler, Jeremy Renner e Tom Hardy soaran para o papel protagonista.