Hilary Swank protagonizará Shrapnel

0
152

A controvertida actriz Hilary Swank será a protagonista e mais a produtora dunha versión para o cinema do cómic épico de ciéncia-ficción ambientado no Oeste Shrapnel para a Radical Pictures.

Ambientada no ano 2250, a história vai sobre unha ex-marine da Alianza Solar, que será interpretada por Swank, que encabeza unha revolución en Venus, a derradeira colónia libre, contra o asoballante governo ditatorial do sistema solar, para acadar a liberdade do seu povo.

A história e mais o argumento do cómic foron creados por Mark Long e Nick Sagan (o fillo de Carl Sagan), e o guión final foi obra de M. Zachary Sherman, con debuxos de Bagus Hutomo.

O nome de Toby Wagstaff (Arena) está a soar para se encargar de escribir o guión, e ainda que non se sabe quen será o director, Barry Levine e Sean Daniel serán os produtores.