A Mandeville adaptará A Escuridade

0
153

Mandeville Films, unha empresa filial da Disney, unirá as súas forzas coa editorial Top Cow para desenvolveren conxuntamente un filme baseado no cómic The Darkness.

A novela gráfica céntra-se nun gángster chamado Jackie Estacado que descubre que herdou un poder letal coñecido coma “a escuridade” e que lle permite invocar criaturas doutra dimensión. Estacado deberá atopar un xeito de dominar ese poder mentres vai eliminando aos seus inimigos dentro da família criminal na que traballa.

O cómic vendeu 25 millóns de cópias en todo o mundo dende que apareceu por primeira vez en 1996, e xa deu lugar a un exitoso videoxogo, cunha secuela que aparecerá o ano que ven.

A Dimension Films xa tentara anteriormente adaptar esta franquía en 2004, pero daquela sen éxito.