Ben Stiller tamén dirixe “Walter Mitty”

0
175

Ainda que se falara del coma protagonista, agora o nome de Ben Stiller tamén soa coma director do remake de The Secret Life of Walter Mitty na 20th Century Fox.

Baseada no orixinal de 1947 interpretado por Danny Kaye, que á súa vez estaba baseado nun conto de 1939 do escritor James Thurber, A Vida Secreta de Walter Mitty vai sobre un home soñador cuxa imaxinación permíte-lle escapar dos atrancos da vida diária.

O guionista de The Pursuit of Happyness, Steve Conrad, escribirá o guión, mentres que Samuel Goldwyn Jr. e John Goldwyn serán os produtores.