Kevin Lima e os monos índios animados

0
147

O director de orixe portuguesa Kevin Lima (Enchanted, Tarzan) será o encargado de realizar o filme da DreamWorks Animation Monkeys of Mumbai.

O filme será unha aventura musical de debuxos animados estilo Bollywood baseada directamente na lenda épica hindú do deus Ramaiana e céntra-se nun home cuxa esposa é secuestrada por un rei demo.

A história será narrada dende o punto de vista de dous monos que se converten en heroes do conto. Lisa Stewart e Chris Chase serán os produtores.

Gurinder Chadha e Paul Berges están a escribir o guión, Stephen Schwartz está a traballar nas letras das cancións e A.R. Rahman comporá a música.