A A&E Network ten previsto escomezar o mes que ven a produción dunha minisérie de catro horas para a televisión que adaptará a novela de Stephen King Bag of Bones e que será emitida nalgún intre ao longo do derradeiro trimestre deste ano.
Pierce Brosnan e Anabeth Gish serán os protagonistas desta história na que un novelista é incapaz de deixar de se laiar pola repentina morte da súa esposa Jo. Un soño inspíra-o para regresar á casa de retiro que tiñan xunto a un lago no oeste de Maine.
Alí ficará atrapado nunha batalla pola custódia da filla dunha atractiva xoven viúva e do seu avó millonário, por unhas misteriosas aparicións fantasmais, os pesadelos que van cada vez a pior e comprensión de que a súa esposa morta ainda ten algo que lle dicir.
Mick Garris, director doutras miniséries que adaptaron outras novelas de King coma The Stand e The Shining, será o encargado desta produción a partir dun guión de Matt Venne. A rodaxe terá lugar en Nova Scotia, Canadá.