A Marvel recupera a Blade e ao Castigador

845

O director xeral da Marvel, Joe Quesada, ven de confirmar no decurso da pasada fin de semana que a Marvel Studios recuperou todos os dereitos sobre as franquías cinematográficas de Blade e Punisher, que até agora pertencían á New Line e mais á Lionsgate respectivamente.

Os diferentes estudos que posúen os dereitos sobre algunhas das franquías da Marvel, coma a Fox (X-Men, Daredevil) ou a Sony (Spiderman, Ghost Rider), teñen a obriga de seguir facendo filmes baseados nas devanditas propiedades cada poucos anos, ou do contrário os dereitos revirten automáticamente á Marvel segundo o contrato.

No caso de Blade e do Castigador, agora que regresaron á Marvel, non se agarda que se fagan secuelas nun futuro próximo. Quesada engadiu que os fans non deberían agardar ningún movemento neste senso durante moito tempo.