John Davis e mais a Lola Visual Effects financiarán e producirán unha longametraxe baseada en Uglies, a novela futurista de Scott Westerfeld de 2005, que é o primeiro tomo dunha série supervendas que en princípio ía ser unha triloxía pero que polo de agora xa leva catro tomos.
Ambientada nun futuro de carácter orwellián no que os adolescentes son operados cando cumpren os 16 anos para se converteren en supermodelos, a história vai sobre Tally Youngblood – unha adolescente “fea” obrigada polas autoridades a pasar pola súa transformación até que logra infiltrar-se en O Fume, unha comunidade de rebeldes que preferiron manter a súa apariéncia natural pero vivir afastados da sociedade.
Jacob Forman (All the Boys Love Mandy Lane) escribirá o guión. Os dereitos sobre os dous seguintes libros da triloxía, Pretties e Specials, tamén entraron na opción de compra.