Bryan Singer presenta H+

0
363

No decurso da recente Comic-Con de San Diego presentou-se unha websérie producida por Bryan Singer. O seu título será H+ e foi creada por John Cabrera e Cosimo De Tommaso. Todo o proxecto conta co aval e mais a produción da Warner Bros.

A história de H+ léva-nos a un futuro non moi afastado, no que a tecnoloxía evolucionou até tal punto que xa non son precisos os dispositivos externos de ningún tipo para nos conectarmos á rede, senón que abonda cun implante no corpo que permite o acceso contínuo. Nombergantes, o novo dispositivo producirá unha pandémia que dezma á povoación mundial e porá en perigo á raza humana.

H+ amosará a evolución dese desastre mundial e os intentos de supervivéncia de diversos seres humanos durante un período de tempo de dez anos. A técnica narrativa servirá-se de flashbacks para por en antecedentes aos seguidores. O reparto da série é coral e consta de 16 persoaxes diferentes.

A Warner subirá á sua páxina web catro temporadas de doce capítulos cada unha. A série constará dun total de 48 capítulos de entre tres e seis minutos de duración, polo que en total H+ serán catro horas de metraxe, que contará coa dirección de Stewart Hendler (Sorority Row, Whisper). A série estrenará-se a finais deste ano.