A Universal bailará co Crebanoces

0
182

A Universal Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre un guión orixinal de John Mann e Jon Gunn e que adapta á pantalla grande a clásica história de ballet do Crebanoces.

Nesta versión a história céntra-se nunha rapaza de doce anos que vive con súa nai, o seu irmán e mais a súa irmá e que recibe uns regalos de nadal do seu padriño reloxeiro, ún dos cales é un crebanoces de aparencia humana, vestido coma un soldado, pero que ten as pernas e a cabeza de tamaño desmesurado.

Esa noite a rapza escomezará unha aventura que inclúe unha guerra na que participa un rei rato de sete cabezas e o seu exército de ratos.

Peter Chernin e Dylan Clark (Rise of the Planet of the Apes) serán os produtores.

Este proxecto non ten relación algunha coa adaptación da New Line de 2009 con Darren Lemke.