Ron Howard deixa o Símbolo Perdido

0
167

Ainda que dirixiu as dúas primeiras partes, agora o realizador Ron Howard semella ter abandoado a ideia de se ocupar asemade da adaptación da novela do escritor Dan Brown The Lost Symbol, a terceira entrega das aventuras de Robert Langdon na Sony Pictures.

Unha fonte interna filtrou que “Ron díxo-lle a Amy Pascal e a Michael Lynton que non ía dirixir mais novelas de Dan Brown. Simplemente non quere facer o mesmo unha e outra vez, o mesmo persoaxe e as mesmas histórias“.

Howard dirixiu o filme de 2006 O Código Da Vinci, que recadou 758 millóns de dólares, e a súa precuela de 2009 Anxos e Demos, que levou outros 485 millóns. O ano pasado a Sony encargou a Steven Knight que escribi-se o guión de The Lost Symbol.

Polo de agora, Tom Hanks, que interpretou a Langdon nos anteriores dous filmes, non está ainda confirmado para regresar ao seu papel de protagonista.