Darabont non producirá máis Mortos Andantes

0
188

O realizador Frank Darabont ven de abandoar a produción de The Walking Dead, a exitosa série de televisión sobre zombis que triunfou este ano na canle AMC e que está a rodar a súa segunda tempada.

Darabont foi un dos principais motivos do éxito da adaptación á pequena pantalla do cómic orixinal, xunto aos outros produtores executivos Robert Kirkman (o creador do cómic) e Gale Anne Hurd. Ademais, foi el mesmo quen escribiu o guión e dirixiu o episódio piloto.

Segundo din, Darabont nunca chegou adaptar-se ao traballo de producir unha série de televisión, pero ainda mantén aberta a porta para seguir colaborando dalgún xeito. A nova chega de todos os xeitos coma unha sorpresa porque o pasado venres Darabont estivo presente nunha mesa redonda na Comic-Con participando con outros membros da equipa e non fixo ningunha mención ao seu abandono.

O produtor de The Shield, Glen Mazzara, foi contratado o ano pasado coma o seu axudante na série, pero non se sabe se agora será o seu sustituto ou se marchará con el. En calquera caso, as novas non afectaron á produción, que continúa dentro do seu calendário e disposta a se estrear o vindeiro 16 de outubro.