Robert Zemeckis está en negociacións para dirixir Here There Be Monsters na Warner Bros. Pictures e mais a Legendary Pictures. A história vai sobre o heroe da guerra de independéncia americana John Paul Jones, pero misturando-a con algúns monstros mariños, o que a convertería nun filme fantástico. Brian Helgeland foi contratado para escribir o guión, baseado nunha ideia orixinal de Thomas Tull, que será o produtor xunto a Jon Jashni, Todd Lieberman e David Hoberman.