Leva a se falar do asunto durante os últimos dez anos alomenos, pero seica por fin o derradeiro movemento a prol dunha terceira entrega da franquía da bruxa de Blair está por se producir definitivamente.
Eduardo Sanchez, o co-director do filme orixinal, revelou nunha recente entrevista a un portal de Internet que “todo depende totalmente da Lionsgate. Daniel Myrick e mais eu estamos listos para face-lo. Levamos xogando coa ideia dunha secuela que realmente nos guste. É só un asunto de como axustar as nosas axendas e deixar que a Lionsgate autorice a ideia“.
Disque os membros orixinais do reparto, Heather Donahue, Joshua Leonard e Michael C. Williams, poderían regresar para a secuela: “o plan é face-los voltar. probabelmente non serán os persoaxes principais, pero serán sen dúbida persoaxes nesta secuela“.
O que semella case totalmente esquecido é rodar cunha cámara subxectiva (P.O.V. en inglés): “Agora mesmo, a idea non inclúe face-lo en primeira persoa en absoluto, pero xa veremos. Sempre hai espazo para que cheguen as novas ideias“. O filme esencialmente ignoraría os eventos que acontecen na secuela rodada polos estudos en 2000, Book of Shadows: Blair Witch 2.