Vin Diesel quere regresar en 2012

842

O veterán actor de acción Vin Diesel continúa a facer bó uso das redes sociais e seica converteu nos últimos tempos ao Facebook no seu voceiro oficial para os seus vindeiros proxectos.

Onte mesmo publicou un comentário no que deixa caír unha posíbel data de lanzamento para a terceira entrega da súa franquía de Riddick, na que ainda continúaa  traballar xunto ao director David Twohy:

No espírito dos domingos creativos… pedin-lle ao director que me envia-se unha pista sobre o argumento que poidera revelar aquí para vós. O arte conceptual e mais as pistas do argumento permiten a unha produción explorar as súas posibilidades antes de se comprometer co filme.

O camiño cara á clasificación “R”, que moitos de vós xa expresáchedes, foi moi longo. Nombergantes, a aventaxe (nunca hai que lle dar púlo ás cousas negativas) foi que nos permitiu un proceso de preprodución realmente longo. O arte funciona moi ben, os artistas esmeráron-se en ilustrar este mundo nunha etapa tan ceda.

Cando este filme chegará ás pantallas… sabía que o íades preguntar! Hoxe tiven dúas xuntanzas para as que me estiven a preparar… unha o director e outra co xefe dos estudos para discutir sobre o reparto e a data de lanzamento en 2012. COma sempre, aprezo ter a vosa voz presente nestas reunións“.