Source Code dá o chimpo á tele

0
184

O produtor de Anatomía de Grey e de Mentes Criminais, Mark Gordon, e mais a canle CBS desenvolverán unha série de televisión que trasladará á pequena pantalla o exitoso thriller de ciéncia-ficción Source Code, que este mesmo ano protagonizou Jake Gyllenhaal.

O filme vai sobre un soldado que é parte dun experimento governamental que lle permite tomar a identidade doutra persoa que está a viaxar nun tren durante os oito minutos finais da súa vida, antes de que unha bomba estoure. A súa misión é determinar quen é o terrorista, desactivar a bomba e evitar que volva a cometer outro atentado. Cada vez que falla, ten unha nova oportunidade de tenta-lo outra vez.

A série de acción terá un argumento semellante, con tres antigos axentes federais que son parte dun progrma ultrasecreto, e cada semana deberán chimpar dentro da mente consciente dalgunha persoa vencellada a un acontecemento tráxico, para poder atrapar ao culpábel e evitar que volvan acontecer mais atentados.

O filme contaba cun subargumento vencellado á amnésia do protagonista, un xiro argumental no médio e un final digno da millor ciéncia-ficción. A série semanal non poderá ter todos eses elementos, pero a cámbio será unha espécie de mistura entre NCIS, O día da marmota e Salto no tempo. Steven Maeda (Lie to Me, Lost) será o autor do guión para o episódio piloto.