A triloxía da Fundación

1420

Capa do libroOs fundadores da New Line, Bob Shaye e Michael Lynne veñen de asinar un contrato polo que se comprometen a producir unha adaptación do clásico da ciéncia-ficción de Isaac Asimov A Fundación, que deberán finanzar a través da súa empresa Unique Features para a Warner Brothers.

A Warner mercara recentemente os dereitos para A Fundación, que estivera en desenvolvemento pola Fox. Vince Gerardis, que estivo vencellado a este proxecto mentres estivo dando voltas pola Fox, seguirá a bordo coma produtor para a Warner xunto a Shaye e Lynne.

A Fundación será un filme baseado nun dos clásicos máis relembrados da ciéncia-ficción, a série da Fundación de Isaac Asimov, composta por sete libros e centrada nunha sociedade que é capaz de predicir o futuro baseándo-se nun método chamado a psicohistória e crea unha fundación adicada á investigación científica para se protrexer a si mesma e asegurar a súa supervivenza.

A obra de Asimov ten moito de política e conta con persoaxes coma o profeta Hari Seldon e un malvado chamado A Mula. O seu argumento desenvólve-se ao longo de centos de anos, seguindo esencialmente a creación e caída das civilizacións. Cada libro contén un novo feixe de persoaxes, o que fixo que até agora os executivos dos grandes estudos considerasen pouco menos ca inviábel a súa adaptación á pantalla grande.

O obxectivo de Shaye e Lynne é adaptar polo de agora só o primeiro libro, e se ten éxito, continuar cos outros dous para facer unha triloxía ao xeito de O Señor dos Anéis.