Robert Knepper está morto en R.I.P.D.

0
164

O actor Robert Knepper, recente protagonista de séries de televisión coma Prison Break ou Heroes, ven de se sumar ao reparto do vindeiro thriller de acción sobrenatural R.I.P.D. na Universal Pictures.

Baseado no cómic orixinal da editorial Dark Horse, Ryan Reynolds interpreta a un policía asasinado a quen recrutan no departamento “Descase en Paz” do ceo, unha forza policial composta de pantasmas que deben loitar contra os espíritos que se negan a abandoar este mundo.

Knepper interpretará a ún dos espíritos, coñecido coma un “deado” (un morto). Kevin Bacon, James Hong, Marisa Miller, Mary-Louise Parker e Stephanie Szostak son os outros nomes xa confirmados para este filme.

Jeff Bridges interpretará ao compañeiro de Reynolds no filme, cuxa produción escomezou a pasada fin de semana en Boston.