Justin Lin, director do recente éxito deste ano Fast Five, ven de ser obrigado a abandoar o proxecto de se encargar da quinta entrega da saga de Terminator.
A multimillonária produtora de cinema Megan Ellison e mais o veterán actor Arnold Schwarzenegger tiñan a intención de escomezar coa produción da primeira das dúas novas entregas de Terminator para o cuarto trimestre de 2012.
Nombergantes, o realizador taiwanés tivo que abandoar a ideia porque este calendário entraba en conflito co seu compromiso xa adquirido para dirixir Fast Six, ainda que deixa a porta aberta a un posíbel regreso ao proxecto se Ellison e Schwarzenegger queren agardar por el. Lin levaba traballando con Schwarzenegger e mais Ellison neste filme dende había xa vários meses.
A produtora de Ellison, a Annapurna Films, fíxo-se cos dereitos sobre a saga de Terminator no decurso do pasado festival de Cannes.